12 de dec. de 2013

XÉNERO E OBXECTIVOS DO MILENIO

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) son o marco de referencia para mellorar a calidade de vida das persoas que viven nos países en vías de desenvolvemento. O prazo para cumplilos remata no ano 2015, o que implica un esforzo por parte de todos para que a súa consecución sexa unha realidade. O cumplimento destes obsetivos pasa por acadar a igualdade real entre homes e mulleres. É dicir, sen a igualdade de xénero, a consecución destas 8 metas é realmente compricada porque:
• Para erradicar a fame e a pobreza, hai que contar co traballo que fai a muller. Este traballo non se recoñece a nivel formal, xa que moitas delas non perciben ningún salario pola súa laboura; sen embargo, a súa laboura é esencial coma motor de calquera economía.
• Se garantimos o acceso á educación das mulleres e nenas, estaremos a invertir nun mellor futuro para a sociedade. Só a través da educación, as nenas e as mulleres terán a liberdade de decidir nas súas vidas e, sobre todo, a posibilidade de participar na toma de decisións da súa comunidade, o que revertirá de forma positiva no desenvolvemento da mesma. • A erradicación da mortandade infantil pasa porque as nais teñan acceso a información e, sobre todo, poidan decidir qué facer cos seus fillos. Está demostrado que a educación da nai resulta determinante para a supervivencia do neno. • Dentro da mellora da saúde materna, sabemos que as mortes maternas tenden a aumentar entre as mulleres que sofren discriminación por xénero. Esa discriminación provoca que, en ocasións, a muller non poida decidir sobre a súa propia saúde (teñen que pedir permiso ao marido para ir ó médico), que sexa vítima da violencia de xénero, que a sometan a certas prácticas que poñen en risco a súa saúde durante o embarazo(coma por exemplo, a mutilación xenital feminina), etc. • Se lle damos á muller información sobre o VIH/SIDA(só o 20% das mulleres dos países en vías de desenvolvemento ten un coñecemento correcto sobre o VIH/SIDA) e poder de decisión sobre a súa propia saúde, disminuirían de forma considerable os casos de infección. • Garantir a sostenibilidade medioambiental é outro dos retos establecidos para o 2015, xa que as mulleres e os nenos seguen sendo os máis afectados polos fenómenos metereolóxicos orixinados polo cambio climático. • É necesario incrementar a presenza das mulleres nos organismos internacionais, para traballar a igualdade de xénero e a alianza mundial para o desenvolvemento.
Información tomada de :mundo Cooperante.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario