25 de mar. de 2012

GASTRONOMÍA DO SENEGAL, (Noelia e Manuel)

A gastronomía do Senegal está influida por países coma: Francia, Portugal e outros países do Norte de África, porque estiveron vivindo moito tempo neste País. 


Na costa o prato predilecto é o pescado, normalmente "grillé", é dicir asado.



O arroz é o alimento base da dieta e acompáñase de polo, peixe ou salsas diversas como o "mafe", elaborada con cacahuetes.

Os senegaleses comen dunha mesma fonte, coa man, facendo unha bola co arroz e levándoa á boca. Pero a os occidentais danlle unha culler.Evidentemente nun restaurante sempre haberá cubertos.

A auga adóitase beber ao final da comida.

As froitas provenientes do sur do País, consúmense segundo a tempada:


Mangos 


Papaias



Pomelos




Froita da paixón.







Produtos que se dan neste País :

Cana de azucre. Maní con casca. Millo. Iuca. Arroz na casca. Sandías. Sorgo. Leite de vaca. Cebolas secas. Carne de polo. Carne ovina. Leite de vaca. Carne de cabra. Semente de sésamo. Pementón. Carne de porco. Hortalizas frescas.




Noelia Casas García
Manuel Vázquez Noya.

Ningún comentario:

Publicar un comentario