Ola!: "Nin hao". 您好 |
O que máis difire da nosa gastronomía é a técnica e a combinación dos sabores.Os chineses utilizan case todos os vexetais, a carne de vaca e porco, sobre todo o lombo; tamén é moi común a salsa de soia, o sake, o bambú e arroz branco.
Os chinos son moi ordenados, e asegúranse de ter sempre preparados os ingredientes antes de empezar a cociñar..
O recipiente ideal para este tipo de conccion e o wok, que sempre hai que quentalo un minuto antes de colocarlle o aceite. Este debe caer polos bordos do recipiente e logo caer no fondo.
Cando a receita leva carne e verduras, primeiro cocíñase a carne e sepárase e resérvase. Logo saltéanse as verduras. Ao estar feitas agrégaselle a carne. Durante todo o refogado a lume vivo, os ingredientes móvense constantemente cos escarvadentes, unha culler ou espátula de madeira.
A hora de comer dispónse de 3 vasos na mesa, un grande para a cervexa ou a auga, un mediano para o viño branco ou tinto e un pequeno para o licor.
A teoría do ying e do yang xorde a partir da simple observación da naturaza e describe o feito de que todos os fenómenos naturais preséntanse de dous xeitos opostos: O ying asóciase coa escuridade, o frío, a noite, e o aspecto feminino, mentres que o yang está vinculado coa luz e a claridade, co aspecto masculino. Son ying os alimentos acuáticos, como o peixe e as algas, os que crecen na escuridade ou baixo terra, como os champiñóns e as raíces así como a avea, a cebada, o parrulo, o coello…
Os alimentos basicamente yang son cálidos, secos, duros e presentan unha tonalidade clara. Adoitan, crecer no campo, en lugares luminosos. Son yang algúns mariscos como os mexillóns, o allo, os espárragos, o apio...
Os vinte produtos máis abundantes de China son os seguintes:
Arroz en Cásca. Hortalizas Frescas do Nepal.Millo. Batatas.Trigo. Patacas.Sandias.Tomates. Coles. Pepinos e pepinillos. Mazás. Leite de vaca. Ovos de galiña.Cacahuetes. Pementos frescos. Allos.Espinacas. Espárragos. Ovos, excluidos galiña.Tabaco en bruto (a planta)
Tamén podedes atopar un blogue moi interesante NESTE ENLACE .
Ningún comentario:
Publicar un comentario