25 de mar. de 2012

GASTRONOMÍA DA INDIA (Jennifer e Adrián Recouso)

 Así comeza este vídeo:  "Pica, pica, pica"!, "Pica que te mueres". Que será o que pica?

Pois, unha vez visto o vídeo e resolto o enigma, pasamos a expoñer certos aspectos fundamentais da gastronomía da India

A gastronomía da India é moi variada.Case non comen carne, e moitos pratos de carne están influenciados polos costumes musulmáns. Son maioritariamente vexetarianos.

Hai una gran variedade de verduras e especias. As especias serven como conservantes e para mitigar a sensación de fame, pois o picante tranquiliza dita sensación, ainda que en moitas cantidades algunhas poden resultar tóxicas. Tamén producen grandes efectos aromáticos, por iso todas aquelas persoas que van a India veñen falando da grande variedade de olores que alí perciben.

Os condimentos máis importantes son os seguintes :
Ají – semilla de mostaza negra, Comiño, Cúrcuma, Xenxibre, Coriandro, Coandro, as veces tamén usan o Azafrán, Canela, Cravo , Loureiro e a Menta.

Os condimentos máis empregados como acompañamento doutros pratos son:
Arroz e atta (que é una fariña de trigo integral co que se fai o pan).
O vinagre e o queixo tamén se  usan coma condimento.

Hai polo menos cinco ducias de variedades de legumes, a máis importante son:
A chana ( é un chícharo).
O toor (garavanzo indio).
O urad (lentella negra)
O mung (lentella verde)

Empregan aceites vexetais. Os máis comúns son: aceite de cacahuetes, de coco, xirasol e soia.
Outros aceites para cociñar moi populares son: Aceite hidroxenado de orixe vexetal – vaspanati-
Aceite de orixe animal: manteiga frita destilada-ghee-


Nunha zona da India, un dos pratos típicos moi valorados  leva  testículos de boi, xa que son considerados sagrados, e son condimentados con pasta de rábano.
O peixe e o marisco tamén son moi populares.

Na India tamén teñen costumes acerca de como comportarsea hora de comer e de como se deben tomar os alimentos:

Tradicionalmente a comida facíase sentado sobre o chan ou deitado en esteiras, a comida recollíase do prato con catro dedos da man dereita (exceptuando o índice, que se considera sucio). Hoxe en día estas tradicións estanse a esvaecer e pouco a pouco os alimentos tómanse con garfo e culler (a culler é moi importante na cociña da India).


Hoxe en día non se seguen estas tradicións: Os alimentos tómanse con garfo e culler.
Na India tamén comen filloas. Serán como as galegas???

Entre os produtos máis destacados están:
Leite de búfala, trigo, leite de vaca, hortalizas frescas, cana de azucre, patacas, pementón, carne de vaca nalgunhas zonas, cacahuetes, mangos, garavanzos, carne de búfala, bananos, carne de polo, ovos de galiña, especias moitas traídas do Nepal, sementes de colza, tomates, millo.

1 comentario: