Os faroliños voladores nacen na tradición chinesa como vehículo para elevar os desexos da xente ata o máis alto do ceo e lograr así que se fixeran realidade.
Con estas linternas, nos, o día da paz, lanzamos ao aire os nosos desexos, para que as condicións de vida no planeta melloren para todos os seres humanos e que non exista tanta desigualdade social, económica , en definitiva, para lograr un mundo mellor e máis xusto.
Aquí tedes o texto que na clase escribimos para este día, baseado nas 6 prioridades que sinalamos na enquisa de participación da ONU.
Ningún comentario:
Publicar un comentario