16 de xan. de 2015

NATA Y CHOCOLATE

Durante as vacacións de nadal o alumnado de 1ºESO leu este libro que trata sobre o acoso. Ese acoso invisible que non sae nas noticias, pero que moitas nenas e nenos sofren.
Que pasa coas burlas, o vacío, as humillacións verbais, os nomes que fan dano, o mofarse de alguén máis vulnerable e menos popular?
Moita xente, incluso xente que nos quere di: son cousas de nenos, non hai que darlle moita importancia. Nembargantes, hai que poñer freo a este tipo de acoso que prexudica á vítima pero tamén ao verdugo, que probablemente agacha tras esa fachada moitos valores que de seguro que descoñece.

Despois da lectura realizaron o proxecto que atoparedes aquí e puxemos en común na clase traballos, reflexións e opinións sobre o libro.

2 comentarios: