28 de xan. de 2015

QUE CONSIDERAS IMPORTANTE PARA CAMBIAR O MUNDO?

Todos os cursos participamos na enquisa global promovida polas Nacións Unidas para que todo o mundo sinale cales deben ser as prioridades para mellorar as condicións de vida no planeta.
Ista é unha iniciativa coa que se pretende trasladar aos líderes mundiais as demandas e prioridades da cidadanía co fin de cara a elaboración da próxima axenda internacional para o desenvolvemento, co obxectivo de loitar contra a pobreza no mundo e crear un mundo sustentable.
Queda moito camino por percorrer.

Tomamos a palabra e participamos na enquisa da ONU. Dos 16 puntos que suxiren, tiñamos que escoller 6, xustificalos e envialos para que nos fixeran un video que compartimos no noso facebook.

Ningún comentario:

Publicar un comentario