15 de feb. de 2012

GASTRONOMÍA DE BRASIL


As influencias indíxenas, africanas e portuguesas fixeron da gastronomía de Brasil unha das máis ricas e variadas do mundo. A cociña de Brasil varia bastante dependendo da rexión, polo que cada zona posúe os seus propios pratos típicos que, ás veces, son descoñecidos dunha rexión a outra debido á súa grande extensión territorial. A cociña brasileira é froito dunha mestura de diversos ingredientes europeos, indíxenas e africanos. Moitas das técnicas de preparación dos ingredientes máis usados son de orixe indíxena, sufrindo adaptacións por parte dos escravos e dos portugueses. Estes fixeron adaptacións dos seus pratos típicos substituíndo os ingredientes que faltaban por aqueles locais máis doados de obter. A “feijoada”, prato típico do país, é un exemplo.

Os escravos traídos a Brasil dende fins do século XVI, engadiron á cociña nacional elementos como o aceite de palma ou o cuscús.

A alimentación indíxena tiña como ingredientes a mandioca, en forma de fariña, ademais de froitas, peixes, caza, millo, pataca e legumes.

A carne era na súa maior parte procedente da caza abundante en antílopes, gacelas, búfalos, aves, hipopótamos e elefantes.

Criaban gando ovino, bovino e caprino,

Os alimentos  sérvense asados, tostados ou cocidos e para sazonar a comida tiñan aprecio polas pimentas, mais tamén utilizaban  o aceite de palma que acompañaban á maioría dos alimentos.

Entre os inmigrantes chegados a Brasil durante  o século XIX ata principios do século XX encóntranse alemáns, italianos, españois, sírio-libaneses, xaponeses etc. De todos os inmigrantes as maiores influencias sobre a cociña brasileira corresponden aos alemáns e italianos. Os inmigrantes alemáns en Brasil son moi numerosos, e introduciron o consumo dalgúns xéneros de salchichas, e mortadela, ou touciño. Non obstante adaptáronse ben e substituíron moitos dos ingredientes da súa terra natal por materiais autóctonos.

 Dos inmigrantes italianos, pódese dicir que tiveron interese en elaborar a súa pasta, por esta razón incorporaron os cultivos de trigo a gran escala. O macarrón era moi usado como tamén outras pastas italianas como a pizza, ravioles etc . Tamén puxeron de moda  os xeados de sobremesa, o gusto polo queixo, empregado nas masas,  tanto que  o consumo de queixo estendeuse e incorpórase en doces e froitas.
A alimentación de cada día realízase en tres partes:

- No café dá manhã (almorzo), non pode faltar  o café con leite (café-com-leite), pan (pão), froitas, birlos e doces.

- No xantar: feixóns con arroz (feijãocom ), este alimento é básico e ás veces moi identificado co pobo de Brasil, os macarrão, carne, algunha ensalada e purê de batata.

 - Na cea (jantar) sérvense sopas e tamén diversas comidas rexionais.

 As bebidas destiladas foron traídas polos portugueses e fabricadas en Brasil como a cachaça. O viño (vinho) é tamén moi consumido, algunhas veces mesturado con auga e azucre, é coñecida a sangría. A cervexa comezou a ser bebida a finais do século XVIII e na actualidade é unha das bebidas alcohólicas máis comúns.




Ningún comentario:

Publicar un comentario