Da fauna e flora de Colombia, xorde unha gran variedade de diversos alimentos. Os pratos varían segundo a preparación e os ingredientes por rexión e incorporan na súa gastronomía aspectos das culturas española, mestiza e afro.
Os ingredientes mais comúns na preparación son: cereais como o arroz e o millo, tubérculos como a papa e a iuca, varias leguminosas (feixóns), carnes como a vacina, galiña, porco, cabra e outros animais silvestres, pescados, mariscos…
E tamén importante a variedade de froitas tropicais como o mango, a bananeira, a papaia, a goiaba, o lulo e a maracuxá.
Colombia non ten un prato nacional específico, aínda que son moi recoñecidos o sancocho e a arepa nas súas distintas variantes.
Os 20 produtos máis abundantes son:
1- Carne de vaca.
2- Cana de azucre.
3- Carne de polo.
4- Plátanos.
5- Té.
6- Arroz en casca.
7- Ovos de galiña.
8- Patacas.
9- Plátanos pequenos.
10- Millo, trigo.
11- Mandioca.
12- Froita tropical.
13- Augacates.
14- Carne de porco.
15- Tomates.
16- Cebolas secas.
17- Piñas.
19- Leite.
20- Tabaco.
arepa
sancocho
Por Adrián Castro e Sheila Bouzas
Ningún comentario:
Publicar un comentario