15 de feb. de 2012

Gastronomía de Galicia (Tomás)

­O principal atractivo da gastronomía galega é a súa variedade, ata tal punto que custa traballo dicir cal é o prato típico. Pero se hai algo común a todos sería unha forma de cociñar familiar e artesanal, pausada, abundante, sinxela e variada. Un mesmo produto prepárase de múltiples maneiras e en cada lugar ten un distinto sabor. .

O lacón con grelos é unha comida típica dos meses frios, dende o San Martiño ata novembro. Ademáis engádenselles patacas e chourizos.

O cocido galego está composto de xamón, carne de vaca e de galiña, chourizo grelos ou repolo, patacas e garabanzos. Sóese tomar no inverno.

As empanadas fanse de todo, e todo lle da sabor. As galegas sóen ser suaves, lixeiras e finas. Sempre se acompañan de aceite, pementos e abundante cebola.


Hai unha gran variedade de peixes, os máis bos sóen ser os que se pescan nas rías: Pescada, rodaballo, robaliza, mero, linguado… Próbanse nas preparacións clásicas, á prancha, á galega ou en caldeirada, ou sofisticadamente adobados por cociñeiros especializados.

Entre os mariscos e os moluscos, hai os camaróns, as luras e os chocos, ou a nécora e os percebes.

Hai outros como a centola, a langosta, o lubrigante, os langostinos, as vieras e as ameixas con unha gran variedade de salsas ou os saborosos mexillóns.

Hai que destacar o polbo un molusco moi saboroso e moi típico en galicia .









 Hai que destacar os marabillosos queixos, e as elaboradas filloas.
 



En toda Galicia prodúcese viño. Nunha enumeración rápida, teriamos que destacar as tres principais denominacións de orixe: Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras.
Entre os poroductos máis abundantes están:

Leite de vaca, carne de vaca, carne de porco, peixes, mariscos, patacas, castañas, uvas, pementos, ovos de galiña, millo, produtos de horta (leitugas berzas, tomates, xudias, chícharos etc)

Ningún comentario:

Publicar un comentario