6 de nov. de 2011
AMIG@S NOV@S
DE ONDE SON EST@S AMIG@S NOV @S ?
Aínda que todo o mundo sabe que temos diferente cor de pel e aparencia, parece que non distinguimos moi ben polo seu aspecto o lugar de procedencia da xente. Na clase de PRI, tivemos que identificar a nacionalidade dunha serie de retratos de nenas e nenos dos 8 países da feira que os mestres pegaron polas paredes.
Por parellas, percorremos a aula mirando e clasificando os retratos. Ás veces non estabamos de acordo e tiñamos que razoar o por que da nosa elección á nosa parella. Non era tan fácil como parecía.
Logo tivemos que buscar en internet posibles nomes para eses retratos e enviar á conta do proxecto un correo electrónico coa nosa busca.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario