3 de nov. de 2011

GOOGLE EARTH

Google Earth é un programa informático que nos permite ver imaxes de calquera punto do planeta en 3D. Para iso, combina imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google que permite ver imaxes a escala dun lugar específico do planeta.

Por exemplo, podemos introducir o nome dunha escola, dun museo ou dunha rúa e ter a dirección exacta. Tamén podemos visualizar imaxes vía satélite e ver os edificios en algunhas cidades en 3D, dar volume a vales e montañas.

Ten un simulador de vo e podes sobrevoar calquera lugar do planeta como se foras nunha nave e achegarte ao punto que elixas.

Adicamos dúas clases de PRI para coñecer este programa. Por parellas tivemos que completar una ficha dos países da feira, atopar a súa capital, os límites, outras cidades importantes, a lonxitude e a latitude e por último, elixir unha foto chula e achegala por correo electrónico para facer unha presentación de fotos no blogue máis adiante.

Una presentación de fotos traballando na aula de informática con música da India, para ir coñecendo outras músicas do mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario