7 de nov. de 2011

TARDE DE CONTACONTOS

O luns pola tarde gozamos dunha sesión de contacontos con Tim Bowley e Charo Pita. Ambos son incribles contacontos que xa percorreron varios países engaiolando a todo o mundo. O tempo pasaba sen darnos de conta e eles contaron historias de China, India, Romanía e tamén de África. As súas voces pasaban do humorístico ao máxico e xuntos crearon unha atmosfera na que tod@s participamos sen dubidar.
Aquí vos deixamos unhas fotos acompañadas pola música do brasileiro Carlinhos Brown. Deixádenos vós os vosos comentarios.


TARDE DE CONTACONTOS on PhotoPeach

3 comentarios:

  1. O día 7 de novembro tivemos un contacontos expectacular, a min especialmente encantoume o conto do cervo que dicía sempre ''I know'' (eu seino). Porque Charo o contou en inglés e o Tim en español. Xa que Tim poñía o acento inglés e facíame moita gracia.
    Tamén contaron outros contos de arrededor do mundo da India, da China, de América, de Norte América.
    Por exemplo tamén contaron o conto de ''Barba Azul'', outro de un rei que quería casar...
    Estibo moi ben.

    ResponderEliminar
  2. O día 7 de novembro tivemos unha sesión de contacontos na escola que durou sobre 1h.
    Cando chegamos o salón de actos había un home e unha muller sentados no escenario, nós tamén nos sentamos e eles empezaron a contar contos, para a miña sorpresa o home contaba os contos en inglés e a muller traducíao!
    Contaron contos de Rumanía, India, China e África.
    Algúns deles iban da morte, outros de Barbazul... pero o que máis me gustou foi o do corvo e o da " pulpa ", non só porque participabamos nós, senón tamén porque o home tiña unha voz moi rara e ao mesmo tempo graciosa.
    A miña conclusión é a seguinte: creo que aprendimos inglés e ao mesmo tempo pasámolo ben.

    ResponderEliminar
  3. Amin gustoume o conto do Mago,iba de unha muller que era moi guapa e tiña dous homes detras un mago e un gereiro.A muller escolleu o mago como o seu home e o mago queria enseñarlle a sua familia a muller e foron os dous pero habia unha tribo que a todo que pasara por ali os mataba e o guerreiro decidiu ir con eles.O mago cando chegaron ao pe da montaña doulles unha corda e dixelles:
    -Esta corda que vos dous cura as feridas e tamen resucita a xente, pero solo a podedes utilizar unha vez.
    e cando dixo eso colleron os tres e subiron a montaña e a tribo atacounos e a muller meteuse nun oco que tiña un arbol, e cando marcharon todos a muller saliu buscou as cabezas dos dous homes e colocounas donde o corpo e puxelle a corda.Pola maña a muller deuse conta de que tubera un fallo moi grande, colocara a cabeza do mago no corpo do guerreiro e a cabeza do querreiro no corpodo mago!!! Aora, cal era o home da muller??? ¿¿¿¿

    ResponderEliminar