Esta película fíxome reflexionar moito sobre como viven nos países pobres, e a miña conclusión é a seguinte:
En primeiro lugar non sei por que non deixan ir as nenas a escola, porque teñen o mesmo dereito ca os nenos, non teñen por que facer as tarefas da casa en vez de ir á escola, para no futuro poderse defender na vida.
En segundo lugar pareceme moi mal que a xente que sabe algo, time a xente analfabeta.
E en terceiro lugar deime conta do que eles pensan de nós, por unha parte pensan que temos moita tecnoloxía e facemos moi bos inventos; pero tamén pensan en negativo, pensan que traballamos individualmente e que con tanto que extraemos da natureza imos acabar os recursos
naturais. E eu creo que están no certo! Jennifer.
En primeiro lugar paréceme que esta película nos enseña a amar e a respectar os demais, e tamén a axudarnos entre nos. Tamén me parece moi triste que Soda a prima de Binta non poida ir a escola. Todos temos dereito á educación e non estar na casa a traballar todo o día. E por último nesta película hai moita imaxinación, como por exemplo: cando era o da porta imaxinaria ou o dos fogos artificiais. Diego.
Na pelicula de Binta e a gran idea aprendin como vivian os do sur, que hai poucas atencións médicas, poucas escolas, que eles viven con moito menos ca nos e ainda asi son felices, que se axudan entre eles e que non coñecen a tecnoloxía. Sandra.
Con esta película aprendín que en África son solidarios uns cos outros porque, por exemplo, cando o pai de Binta ía a presentarlle a idea ao prefecto, un home levouno sin cobrarlle nada. Alí o ensino é diferente ca o de aquí . A algunhas rapazas os pais non lles deixan ir o colexio porquepensan que se casarán e non necesitan aqprender. Góstame a escena na que na escola representan una obra de teatro sobre unha nena a que o seu papá non lle deixa ir á escola. Soda, a prima de Binta, está na mesma situación e lle di a seu pai que estaba alí que quere ir ao colexio. A xente que estaba arredor díxolle alborotada que lle permita ir o colexio. Alvaro.
Aprendín que hai que ser moito mais solidarios e que hai que ter empatía cos demais. A película espresao moi ben, xa que alí todos os nenos colaboraron para que Soda fora a escola. Tamén aprendín que hai que aprender a respetarse e non discriminar a ninguén por idade, altura, cor ou relixión. Por último que hai que estar ben agradecidos polo que temos nos paises do norte e intentar millorar sempre. Miriam.
Se queredes ver a peli, aquí a tedes completa.
Se queredes ver a peli, aquí a tedes completa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario