17 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (VII): Romanía



O idioma romanés e unha lingua indoeuropea que pertence ao grupo oriental das linguas romances. Entre elas, ocupa a 5ª posición en canto ao número de falantes, seguindo ao español, portugués, francés e italiano. Por motivos de diferenciación tipolóxica, a lingua romanesa tamén é chamada dacorrumano. Por motivos políticos, as autoridades de Moldavia usan a denominación moldavo.
A lingua romanesa é falada aproximadamente por 26 millóns de persoas, das cales a maioría, máis de 20 millóns, vive en Romanía, onde é a única lingua oficial e, ademais, conforme aos datos de 2002, materna para o 90% de poboación.
Outras linguas que se falan son o húngaro, o alemán, o turco, o serbocroata e o yiddish.

Traballo feito por Sonia Pumar Muíño e Sheila Bouzas Leis

Ningún comentario:

Publicar un comentario