15 de nov. de 2011

ELECCIÓNS DE NOVEMBRO

Hoxe, día 8 de novembro, na clase de PRI tivemos eleccións!
A mestra entrou pola porta cunha urna que poñía eleccións 2011.
Quedamos tod@s asombrad@s. Non sabíamos de que se trataba; si eleccións para ser elegad@, eleccións para elixir a mellor persoa da clase...
Despois de lle preguntar, a mestra explicounos que eran eleccións para elixir os nomes de rapaz@s dos países do P.R.I. que anteriormente lle mandáramos por g-mail.

Antes das eleccións a mestra explicounos varias cousas entre as que estaban que é o censo electoral e máis quen participaba nas nosas eleccións.
CENSO ELECTORAL: é o documento ou rexistro onde constan as persoas que poden votar nunhas eleccións.
QUEN PARTICIPA NAS NOSAS ELECCIÓNS: o profesorado que nos da clase e máis o que participa no PRI (o profe de música e o de tecnoloxía), o alumnado da nosa clase e a conserxe.

Todos os nomes que atopamos en internet foron incluidos nunha papeleta. Aquí tedes a papeleta utilizamos.
Comezamos a votar, todos os nomes eran eran moi bonitos, pero so podíamos elixir un nome de nena e outro de neno por cada país.
Cando iamos introducir o voto na urna a mestra sacábanos fotos (seguro que quedamos tod@s moi ben).
Agora hai que esperar aos resultados das eleccións!

Jenni

Ningún comentario:

Publicar un comentario