12 de nov. de 2011

O ANO NOVO EN INDIA: O DIWALI

Na clase de inglés limos un texto sobre o ano novo na India e outro para seguir instrucións e facer lampariñas con cartolina e papel de seda. As lampariñas fixémolas na clase de plástica e decoramos a nosa aula con elas para celebrar este acontecemento.

Aquí tedes o resumo do texto que lemos sobre o Diwali.

Diwali é a palabra india para chamar a esta festa: “festival das luces”.

Significa ringleira de lámpadas acesas. Con ela celébrase o ano novo e é a festa máis importante da India. Dura 5 días e ou quinto é o ano novo, pero non sempre cae o mesmo día. Este ano foi o 26 de Outubro.

Como se celebra o ano novo na India:

Hoxe en día é común celebralo ao redor do mundo. Nestas datas a xente decora a súa casa colgando lámpadas e velas; tamén colocan lámpadas de aceite ao redor da casa, nos xardíns, nos patios, nos tellados e nos muros. Explotan fogos artificiais e petardos, comen doces, rezan aos deuses e deusas, teñen rituais relixiosos, estrean roupa e mándanlle agasallos as familias. Moita xente aproveita esta festa para casar. As lámpadas acendidas significan a vitoria do ben sobre ou mal.

A deusa Lakshmi:

O Diwali celébrase en honra de Lakshmi, a deusa da riiqueza e da prosperidade. Os hindús rezan a Lakshmi para que lles dea boa sorte no ano seguinte. As lampariñas quedan acendidas toda a noite

para que a deusa se sinta acollida e entre a visitalos. Pola noite moitas persoas rezan unha oración a Ganesh, o deus da sabedoría e a boa sorte, o que elimina os obstáculos da vida.

Que ocurre durante o Diwali:
Ese día levántanse moi cedo e poñen as súas mellores roupas. Ou primeiro que deben facer é rezar oracións e facer ofrendas de froita e doces tradicionais indios, logo van visitar aos seus familiares maiores para recibir as súas bendicións e mostrarlles respecto e, finalmente, van ao templo e visitan a familia e amigos para desexarlles un feliz Diwali.

Jennifer López e Diego Gutierrez

Ningún comentario:

Publicar un comentario