23 de nov. de 2011

As linguas da Feira das Nacións (VIII): Colombia



En Colombia ademais do español fálanse máis de sesenta linguas indíxenas. O número concreto varía lixeiramente xa que algúns autores consideran como linguas diferentes o que outros consideran son variedades ou dialectos da mesma lingua.
• As mellores estimacións contabilizaban 66 linguas indíxenas faladas en Colombia, que se agrupan en máis de 20 familias ou unidades filoxenéticas (algunhas delas consisten nunha soa lingua illada), faladas por cerca de medio millóns de indíxenas.
• A constitución señala o idioma español como o idioma oficial de Colombia e recoñece as linguas dos grupos étnicos como oficiais no seu territorio. É obrigatorio o ensino bilingüe nas zonas con tradición lingüística propia.
Máis de 60 linguas aboríxes mantéñense vivas. As principais familias de linguas indíxenas de Colombia son:
As linguas arawak, como o wayúu, que agora non se falan moito.
As linguas arawak, como o wayúu de La Guajira e o achagua e o piapoco.
• As linguas barbacoanas, en Nariño e en Cauca
• As linguas bora-witoto, no departamento de Putumayo.
• As linguas caribes, no Amazonas, Guaviare e Cesar.
• As linguas chibchas na Sierra Nevada de Santa Marta e no Cocuy.
• As linguas choco, como o embrea e o wounaan.
• As linguas guahibanas, en Los Llanos do Orinoco.
• As linguas makú, en Vaupés e Guaviare.
• As linguas quechuas, no Sur do país.
• As linguas tucanas, nas zonas Suroeste e Sur do país.
Ademais existen un número significativo de linguas illadas ou non clasificadas:
• O andoque no río Caquetá.
• O camsá no val de Sibundoy (Putumayo).
• O nasa yuwe en Cauca.
• O sáliba-piaroa en Vichada.
• O ticuna no triángulo de Ledicia.
Tamén existen linguas barbacoanas xunto á fronteira con Ecuador, linguas caribes no Norte do país, ñe'engatú no extremo Suroeste do país.
Anteriormente faláronse as linguas betoi, linguas illadas como o andakí e o tinigua e un certo número de linguas sen clasificar.

Adrián Castro Otero e Álvaro Noya Rey

Ningún comentario:

Publicar un comentario